11 nov. 2012


Unha liña do tempo dos movementos artísticos dende o Barroco ata mediados do século XX, tomada de Timerime e elaborada por asonea83.




E outra sobre os estilos musicais desde a Idade Media ata as vanguardas...


10 feb. 2011

Xardíns impresionistas

Con motivo da exposición do Museo Thyssen , quede esta presentación








16 may. 2010

Monet en Giverny, o pintor e o seu xardín


Desde moi pronto, e especialmente desde que vira no Salón dos Rexeitados a obra de Manet, Almorzo campestre, Monet empeñouse en pintar ó aire libre, plein air, primeiro paisaxes con figuras (Mulleres no xardín), para rematar coas paisaxes soas. Na procura do instante, saía cos seus lenzos, coma un cazador á caza desa imaxe efémera feita de luz e cor.
Giverny, en Normandía e a uns 70 km de París, converteuse en lugar de residencia de Claude Monet porque reunía dúas condicións: auga e campo. Alí se instalou no 1883 xunto con Alice Hoschedé, que sería a súa segunda esposa, e os fillos habidos nos matrimonios de ambos. Alugou unha vivenda cunha horta de patacas e legumes, ademais de árbores frutais.  Monet podía recluírse lonxe do ruído da cidade e pintar.
Pouco despois no ano 90 converteuse en propietario por uns 22.000 francos da época, e mais tarde ampliou a propiedade con terreos ó outro lado da vía do ferrocarril, sumando en total arredor dunha hectárea.
Quedaba a propiedade dividida pois en dúas partes:

- dun lado, o taller, a vivenda, tres invernadoiros e unha pérgola

A vivenda respondía ó estilo burgués, pintada en estuco rosa coas fiestras en verde e a fachada recuberta de plantas trepadoras e roseiras.
Desde o principio acometeu a transformación dos terreos. No novo deseño claramente xeométrico e racional creou un espléndido xardín, primeiro con flores locais (rosas, dalias, gladíolos), logo incorporando plantas exóticas como as adormideiras orientais ou as anemones xaponesas, sempre en pretas ringleiras para producir efectos de masas densas de cor. É o esquema propio dun clos normando, cheo de cor mesturando macizos de flores, árbores frutais e arbustos, e datas de floración diferentes.
Distribuía as plantas por tonalidades e por alturas, plantaba  por harmonías pensando xa no lenzo. Segundo a estación do ano, o xardín era azul ou malva ou rosa, nunha continuidade de  floración que non cesaba.



Non fago máis que mirar o que me ensina o universo e mostralo a través do pincel









- doutro lado, pasando por un túnel baixo das vías, o xardín de auga coa ponte xaponesa
Comezaría por un estanque para o que tivo que desviar o curso do río Epte, logo engadiu outros dous. Planta nenúfares e constrúe unha pequena ponte xaponesa de madeira, enmarcada por bambús, enviados desde Indochina por un primo da súa muller. Eran os primeiros bambús que se vían en Europa. 



Consideraba o seu xardín como a miña máis fermosa obra de arte, nel podía pasar o tempo observando as paisaxes feitas pola auga e os seus reflexos 
Pintar no estanque, ademais do xardín, converteuse nunha das súas obsesións. Xunto coa ponte, os nenúfares foron o tema predilecto: 
Levoume un tempo entender os meus nenúfares. Cultivábaos por puro pracer, sen pensar en pintalos. Ata que de repente, tiven unha revelación e tomei o pincel. E desde entonces, non tiven outro modelo
O esencial do tema é en realidade o espello de auga cuxo aspecto se modifica todo o tempo, grazas ás porcións de ceo que alí se reflicten, e que espallan vida e movemento. A nube que pasa, a brisa que refresca, a neve que ameaza e que cae, o vento que sopra bruscamente, a luz que mingua e renace, e tantas outras cousas imperceptibles para o ollo do profano.








No 1900 expuxo 13 cadros de cabalete do estanque das ninfeas; entre 1903 e 1908 realizou outros 48 lenzos de diferente formato. Pero aínda mantiña un obxectivo
Nalgún momento tiven a tentación de empregar na decoración dun salón este tema dos nenúfares: levado ó longo dos muros, rodeando todas as paredes coa súa unidade, proporcionaría a ilusión dun todo sen fin, dunha ola sen horizonte e sen ribeiras; os nervios esgotados polo traballo relaxaríanse alí seguindo o exemplo calmante das ugas estancadas, e. a quen a habitara, esta sala ofreceríalle o asilo dunha meditación apacible no centro dun acuario florido.
Xa enfermo de cataratas e pese a depresión pola morte da súa muller e do seu fillo maior, fixo construir un gran taller co tellado de vidro. Alí emprendeu a labor de realizar, un tras doutro, máis de cuarenta lenzos da mesma altura, concibidos para ser contemplados como unha verdadeira serie (así se poden contemplar no museo da Orangerie). Crea así unha visión panorámica na que o espectador se somerxe física e mentalmente.





En Giverny Claude Monet estivo féliz ata o final da súa vida, ós 84 anos. No cemiterio de Giverny repousan os seus restos e os da súa familia.
   
Hoxe, a Fundación Monet, abre a finca ás visitas tanto da vivenda coma da finca.




15 may. 2010

Palabras cruzadas

Resolveo de acordo coas istruccións







11 may. 2010

Cada obra co seu autor



Elixe o autor correcto para cada unha das obras.


  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir