6 jul. 2009

CHAMPOLLION E A PEDRA ROSETTA

A escritura xeroglifíca (escritura sagrada), así chamada por terse coñocido primeiramente nos muros dos templos e das tumbas, foi durante moitos anos indescifrable.
Curiosamente as campañas napoleónicas en Exipto foron a porta para dar solución ao enigma. Nunha expedición contra Inglaterra, na que xunto aos militares viaxaban 154 científicos, encontrouse a pedra Rosetta que permitiu desifrar a escritura exipcia. Trátase dun fragamento dunha estela en granito negro cun texto bilingüe, exipcio (demótico e xeroglífico) e grego, dun decreto do faraón Ptolomeo V (o seu nome, dentro dun cartucho, foi a primeira palabra descifrada), datada no 195 a.C.. Le un fragmento.
Jean-François Champollion, apaixoado da arqueoloxía, logrou descifrar no 1822 os caracteres e abrir o camiño á comprensión do mundo exipcio.


  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir