6 jul 2009

CIVILIZACIÓN E ARTE MINOICA

Datación: 3000-1100 a.C., Idade de Bronce. Prehelenismo (antes da chegada dos indoeuropeos)
Creta ocupa un lugar clave no Mediterráneo: pecha as rutas marítimas ó sur do Exeo e fai de ponte entre Grecia e Exipto. Esta situación, aberta a tódalas influencias, determina a súa fráxil historia que remata dun xeito pouco claro, posiblemente pola erupción do volcán de Thera. Posteriormente, xentes do Peloponeso ocuparon a illa.
Trazos: fragmentación en estados gobernados por un sistema de realeza e organizados ó redor de importantes estructuras pacegas; economía basada na agricultura, na gandeiría e no comercio marítimo; crenzas de tradición neolítica entre as que dominan o papel do touro (símbolo masculino) e da figura feminina (símbolo de fecundidade e da fertilidade da terra)
Xacementos: sendo moitos os restos arqueolóxicos que se descubreon en Creta (mapa), os máis importantes sen embargo son os de Cnossos e Faistos.

Foi no 1900 cando o arqueólogo inglés Arthur Evans, continuando outras campañas previas, sacou á luz os restos do palacio de Cnossos, identificandoo coas lendas gregas de Teseo e o Minotauro. Por ista razón, ademais de cultura cretense por mor da súa ubicación, recibe o nome de cultura minoica, na honra do seu lexendario rei Minos.
Periodización: distínguense catro fases
- Prepalacial
- Primeiros Palacios
- Segundos Palacios. Etapa de máximo desenvolvemento (2000-1700 a.C.)
- Pospalacial

A aparición dos palacios demostra a existencia dun forte poder central, un rei, que fixo posible o desenvolvemento dunha arte orixinal, espontánea, colorista e, en certa medida, teatral.
Vamos a centrarnos en:
* a estructura pacega
* a pintura mural
* a estatuaria
* a cerámica


ARQUIVO



Enlaces de interese: - Visita virtual a Cnosos

VÍDEOS



  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir