6 jul. 2009

MOMIFICACIÓN

Os exipcios creían na vida de ultratumba e para viaxar ao máis aló era preciso que a alma, o ba, e o corpo, o ka, permanecerán unidos. Era fundamental por tanto que o corpo permanecera incorrupto o que se lograba polo proceso de embalsamamento e momificación (segue o proceso nesta páxina do Museo Británico).

Era un proceso longo que seguía unhas pautas exactas:
  1. o corpo é lavado con auga do Nilo e aceite de palma
  2. extración do cerebro e dos órganos internos (non se extraía o corazón porque era necesario para a outra vida, nin os riles porque era demasiado dificultoso) que se gardaban nos vasos canopos, unha vez deshidratados.
  3. desecación do corpo tanto por dentro como por fora, empregando natrón, unha sal.
  4. os espacios baleirados énchense con vendas de liño e outros materiais e perfumase.
  5. despois de 40 días lávase de novo o corpo, úntase de aceite.
  6. finalmente procedese á vendaxe, acompañando a momia de distintos amuletos, e introducese no sarcófago (ou máis de un).

Vasos canopos: os catro fillos de Osiris
- Amset, cabeza humana, para o figado
- Duamutef, cabeza de chacal, para o estómgo
- Hapi, cabeza de mandril, para os pulmóns
- Kebsenuf, cabeza de falcón, para os intestinos






Esta é a caixa onde se gardaron os vasos canopos de Tutankhamon
















Segue logo o ceremonial funerario que se realiza na tumba e que se inicia coa apertura da boca, símbolo do paso á outra vida, realizada por un sacerdote coa máscara de Anubis.






Agora sí, o defunto podía subir á barca de Ra e, no ocaso, descender ao mundo inferior onde debe presentarse diante do Tribunal de Osiris e someterse á psicostase ou pesaxe das almas.




  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir