6 jul. 2009

NILÓMETRO

A agricultura exipcia dependía das crecidas do Nilo por iso era moi importante coñecer o nivel das aguas, era preciso anticiparse a elas. Un nivel menor de 6 metros supoñía terreos sen cultivar e fames, mentres que un nivel superior ós 8 metros, beneficiosos, obrigaba ao coidado máximo dos canles de rega.
Esta, entre outras, era a función dos nilómetros, unha especie de pozo escalonado comunicado co río. Podían ser abertos ou pechados.
A maioría dos templos posuían o seu propio nilómetro, recordemos que os templos recadan os impostos.Os banzos indicaban o nivel de augas e en función dese nivel fixabanse os impostos (a máis rega, máis colleita) ou había que tomar medidas para distribuir alimentos no caso de secas.
Ó construirse a presa de Assuán, os nilómetros perderon a súa significación.



Este é o nilómetro do templo de Kom Ombo.














  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir