6 jul. 2009

PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ

O cristianismo nace en Palestina, entonces parte do Imperio Romano. Relixiosamente existía un culto oficial que actuaba como unificador: o culto ao Eperador, que coexistía outros cultos diversos. Nese marco nace o cristianismo que aportaba ideas que prenderon con facilidade entre o pobo, ideas como a salvación dos xustos, a redención e a vida eterna, ao tempo que falaba de liberdade e igualdade, entrando así en oposición coas bases do mundo romano tales como o politeismo ou a escravitude.
A súa difusión, favorecida pola propia organización administrativa e viaria do Imperio, foi rápida pero houbo de practicarse na clandestinidade ata que no ano 313 Costantino promulga o Edicto de Milán e legaliza a nova relixión. Polo tanto hai que diferenciar entre as mostras artísticas anteriores e posteriores a ese ano 313.
Nos primeiros tempos, as representacións pictóricas e escultóricas están impregnadas dun forte sentido simbólico e expresivo de raíces orientais, as imaxes adquiren unha finalidade didáctica, han de transmitir os contidos da fe, e non estética, se ben se serve da linguaxe de tradición clásica que evoluciona cara á perda de todo o accesorio para quedarse só na idea.
A partir do s. IV, as representaión están cada vez máis lonxe da realidade, suceden en escenarios desmaterializados, as figuras reducense aos contornos cun forte trazo, incluso a cor faise abstracta.

ARQUIVO




VÍDEOS





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir