6 jul. 2009

UNHA CIDADE DE OBREIROS








Deir-el Medina, próxima ao Val dos Reis, é a cidade na que vivían, e morrían, os traballadores da necrópolis real. Aportou grande cantidade de información para coñecer a vida de cotío do cidadán exipcio.
O poboado, rodeado por unha muralla, organizábase ao longo dunha rúa central con vivendas a ambos lados. Habitaban alí traballadores de toda clase: artesáns (canteiros, escultores, pintores), escribas, médios,... Cobraban o seu salario en especie (trigo e cebada) por xornadas de 8 horas en turnos de 10 días, ademáis recibían vestidos, unha vez ao ano, ferramentas, e racións diarias de subsistencia.





 



En tempos de Ramsés III, sobre o 1170 a.C., ao se retrasar a paga, os obreiros protagonizaron a primeira folga da historia.

Pouco máis que os cimentos quedan das vivendas, pero as tumbas conservan practicamente intacta a súa parte subterránea. A maioría eran de tipo rupestre, excavadas no lateral da rocha, e a entrada estaba coroada por unha peza piramidal (curiosamente cando xa os faraóns non empregaban as pirámides para os enterramentos).





Estaban decoradas con fermosos relevos policromados realizados sobre unha fina capa de estuco, limo e palla, que, ademais dos temas habituais relacionados coa morte, amosan escenas da vida cotián, cunha naturalidade inconcibible nas obras oficiais. A parte subterránea incluía dúas ou tres cámaras, sendo a derradeira a do sarcófago e as outras para os enxovais. Os teitos, en ladrillo, formaban unha bóveda. As paredes, recubertas por unha fina capa de estuco, limo e palla, recibían fermosos relevos polícromos que, ademais dos habituais temas funerarios, recollían escenas da vida cotián cunha naturalidade non vista ata entón.









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir