6 jul. 2009

XEOGRAFÍA E ARTE GREGA


Cando tratamos a arte grega temos que comezar polas culturas prehelénicas e por iso é preciso recoñecer o marco xeográfico, o espacio físico, no que estas culturas se desenvolven.
Observa o mapa e diferencia as áreas principais.








A civilización grega resulta das aportacións de distintos pobos que ó longo do tempo ocuparon estas terras. Para ter unha visión sinxela e sintética mira nesta páxina.

A expansión máxima acádase entre os séculos VII e VI a. C., cando as colonias gregas aparecen ao longo da costa do Mediterráne e do Mar Negro, disputando o comercio aos fenicios.


A arte grega é a primeira das artes clásicas, a segunda será a romana, entendendo como clásica un modelo de imitación pola súa máxima calidade e pola súa uniformidade ao manter uns principios básicos nas manifestacións artísticas. Así veremos como ao longo do tempo Grecia e Roma son referentes aos que a miúdo os artistas volven a súa mirada, pensemos por exemplo no Neoclasicismo.
¿Cales son fundamentos da arte grega?
  • o racionalismo impónse na concepción da beleza que se logra por medio da proporción e a harmonía así como da simetría
  • o antropocentrismo da a medida, o home é a medida de tódalas cousas.
  • mundo idealizado a partir do naturalismo

Videos tu.tv

ARQUIVOS
Grecia 1: introducción e trazos xerais da arquitectura

  • VÍDEOS






Grecia 2: a Acrópole e a arquitectura clásica




  • VÍDEOS



Grecia 3: a escultura dos períodos arcaico e clásico, e o período helenístico





  • VÍDEOS





Non imos afondar no estudio da cerámica, serva como síntese a imaxe e o vídeo

Engado esta pequena maravilla videográfica que intenta explicar a historia de Aquiles na illa de Skyros a través precisamente de figuras sacadas da cerámica grega...





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir