6 jul 2009

UGARIT E O ALFABETO

É unha das cidades máis antigas do Próximo Oriente, as excavacións demostraron a existencia de vivendas de adobe datadas no Neolítico precerámico, 7000 anos antes de Cristo. A súa evolución detivose pola chegada dos pobos do mar en torno do 1200 a.C., sendo a súa etapa de máximo esplendor a segunda metade do II milenio
Situada na costa (actulamente separada dela) do norte da actual Siria preto da cidade de Latakia, a antiga cidade cananea non é hoxe senón un tell (colina resultante da acumulación de materiais), pero aínda así o seu descubrimento no século XX sacou á luz unha cidade que chegou a ocupara unha superficie de 35 Ha, se ben só está excavada nunha parte mínima.
A cidade, rodeada dunha muralla na que se conserva unha das porternas (moi similar a Micenas e Bogazkoy), presenta unha traza regular con diversos patios, algúns con estanques, pode dividirse en tres zonas: palacios, o máis importante o Palacio Real, barrio residencial e acróple na que se encontran os templos, a Baal e Dagón.




¿Que interese ten Ugarit?.

- Un moi especial, as tablillas, escritas nun alfabeto no que cada símbolo, un total de 30, corresponde a un són non a unha palabra, substituirá á escritura cuneiforme. Mantense o debate sobre cal é realmente o primeiro alfabeto da historia: o ugarítico ou o fenicio,









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir