6 jul 2009

HISTORIA E ARTE DE ROMA


Roma foi fundada no ano 753 a.C., a partir das comunidades de pastores establecidas nas sete colinas da actual cidade (ver mapa). A lenda atribúe a fundación aos irmáns Rómulo e Remo que foran abandonados no Tíber pero, grazas á loba Luperca que os amamantou, sobreviviron.
Historicamente hai que diferenciar tres grandes etapas:
  • A monarquía, dende a fundación ata o 509 a.C., cando son asimilados os etruscos.
  • A República, ata o 27 a.C. É a etapa na que se inicia a expansión co establecemento de provincias en todo o entorno do Mediterráneo, o Mare Nostrum.
  • O Imperio, que comeza con Augusto e remata no 476 d. C., se ben xa no ano 395 d.C. o imperio por medio de Teodosio fora dividido entre os seus fillos: o imperio occidental con capital en Rávena foi entregado a Honorio e o imperio oriental con capital en Constantinopla pasou a Arcadio. Bizancio sobrevivirá mías de 1000 anos, pero o imperio occidental desaparece nese 476 d.C. dianate da chegada dos pobos bárbaros.


Os romanos adoptaron os principios e o estilo dos gregos, pero limitáronse a copiar as formas, a esencia que os producira non aparece na arquitectura romana. A súa arte ten outras finalidades e obxectivos:
  • a grandiosidade, máis ao modo helenístico que ao modo clásico, xa non concibida á medida do home
  • a perpetuidade, como corresponde á concepción dun imperio
  • a propaganda, do Imperio e do Emperador
  • a utilidade, pois diante de todo prima o pragmatismo, por iso son considerados o verdadeiros enxeñeiros da antigüidade
Pero tamén aportan interesantes novidades: os arcos e os abovedamentos, a planificación urbana, a arquitectura coma creación de espacios, novos materiais coma o cemento, novos edificios coma os anfiteatros.

ARQUIVO



VÍDEOS













  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir