6 jul 2009

ISLAM

A relixión islámica nace na Península Arábiga no século VII da nosa era, sendo a terceira relixión do libro xunto co xudaísmo e o cristianismo.
Despois da morte de Mahoma, a nova crenza comezou unha expansión que os levou en menos de 150 anos a dominar dende o río Indo ata a península Ibérica, agrupando millerios de seguidores da bandeira verde do Profeta.
A práctica relixiosa precisaba dun espacio adecuado ós seus rituais, fundamentalmente para a oración colectiva dos venres, e así crease a mesquita que tomou como modelo a casa de Mahoma en Medina. A funcionalidade destas construccións é igual en tódolos territorios, pero ó carecer de herdanza propia, a arte islámica asumiu trazos dos entornos culturais nos que se erguen.
As formas, os volumes ou as mesmas estructuras arquitectónicas quedan enmascaradas por amplas superficies decorativas de estuco, cerámica ou mosaico que producen un forte efecto ilusionista. Tematicamente exclúe a representación figurada, se ben se conservan mostras figurativas, e centrase na caligrafía, na xeometría e nas formas vexetais.


ARQUIVO


VÍDEOS





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir