6 jul 2009

ARTE EXIPCIA

Exipto é o don do Nilo, como dixera Herodoto no século II a. C.. Certamente o Nilo favoreceu o desenvolvemento agrícola e con el o crecemento da poboación, ó tempo que constitúe unha vía de comunicación fundamental entre o norte e o sur. Esta é a base sobre a que se asenta a civilización exipcia, unha cultura urbana controlada por unha teocracia na que o faraón é a encarnación de Ra.
Outro trazao que caracteriza a civilización exipcia é o seu illamento. Mirando o mapa vemos como queda pechado entre desertos (no oeste, no leste e no sur) e entre mares, o Mediterráneo e o Vermello. Isto explica a súa pervivencia e a perdurabilidade das súas achegas artísticas.

HISTORIA: breve reseña da periodización

- 3.100 a.C.- Os reisa do Alto Exipto unifican o territorio. Segundo a tradición foi obra de Menes, Marmer ou o rei Escorpión, fundador da primeira dinastía.

Paleta de Narmer: o rei coa coroa do Alto Exipto golpea cunha maza un enimigo. (saber máis desta e outras pezas do periodo protodinástico)

- Imperio Antigo, 2.600-2.100 a.C. A capital instalase en Menfis. Comeza o desenvolvemento da grandiosa arquitectura enpedra, as pirámides.

- Primeiro Periodo Intermedio. Revoltas internas deron maior poder ós goabernadores dos nomos e descentralizaron o estado.

- Imperio Medio, 2.000-1.800 a.C. Recuperase a unidade por medio de Mentuhotep quen establecerá a capital en Tebas. É un periodo de máximo esplendor, prosperidade económica e fortalecemento das fronteiras. Remata coa invasión dos hicsos, pobos procedentes de Próximo Oriente que se impuxeron grazas, entre outros factores, ós seus carros de guerra.

- Segundo Periodo Intermedio: gobernantes hicsos.

- Imperio Novo, 1.500-1.050 a.C. Ahmosis, rei de Tebas, expulsa os hicsos e crea un verdadeiro imperio que se expandse ata o Eufrates, o que se notará nas influencias orientais nas manifestacións artísticas.
Neste periodo ten lugar o cisma relixioso provocado por Amenofis IV: elimou o culto a Amón e impuxo unha relixión monoteísta en torno do deus Atón, simbolizado no disco solar, ó tempo que trasladaba a capital do estado a Tell-el-Amarna. Se no fondo latexaba un intento de recortar o poder da casta sacerdotal, o cambio foi breve pois o seu sucesor, Tutankamon, restituiu a orde e retornou a Amón e a Tebas. Pero na arte os novos aires plasmaronse nunha escultura moito menos idealizada, menos hierática e máis naturalista.


No marco deste Exipto teocrático encontraremos unha arte ó servicio do faraón, verdeiro deus viviente en canto fillo de Ra, e tamén unha arte para a vida de ultratumba.
Así as principais obras son os templos es os enterramentos (mastabas, pirámides, hipoxeos). O seu carácter colosal impricou un traballo descomunal que foi posible grazas á existencia da escravitude e da servidume. O artista, sempre anónimo, non e máis que un artesán que cumpre normas establecidas.
Trazos xerais da arquitectura:
  • material: pedra ben labrada en cantería en unión viva, sen argamasa. Raramente se empregou o ladrillo e a madeira.
  • arquitrabada, se ben tamén aparecen bóvedas con perpiaños.
  • grosos muros en talude reforzados por pilastras.
  • poucos vanos.
  • muros recubertos de decoración por medio de relevos policromos.
  • soportes: columnas con basas de diversas molduras, fustes lisos ou fasciculados, capiteis variados e, habitualmente, un ábaco encima.
  • colosalismo.
  • volumes xeométricos
ARQUIVO


VIDEOS












O traslado de Abu Simbel






Sitios de interese para ver imaxes:
- O complexo de Zóser


O mesmo que a arquitectura, a plástica está moi vinculada á relixión e ao poder do faraón. Tamén procura a solemnidade, a inmutabilidade das formas e a representación da esencia, non do visible.
A escultura emprega materiais diversos (pedra, marfil, barro, madeira) e desenvolvese tanto na estatuaria coma en relevos, especialmente nos muros dos templos e nas tumbas. O tamaño oscila entre as estatuas colosais, como en Abu Simbel, ou as pequenas estatuiñas dos ushebtis (ou shabtis). A miúdo estaban recubertas de policromía.
Dado o seu carácter simbólico, nas prácticas funerarias e nos ritos relixiosos, precisa ser explicada, de aí o acompañamento dos xeroglifos.
Unha vez establecido o modelo, a plástica exipcia mantivo os seus trazos, coa excepción do periodo de Amarna.


ARQUIVO



VIDEOS




Para rematar, unha visión xeral do Antigo Exipto, con reconstruccións incluídas




En Amigos de la Egiptología poden verse algunhas obras con moito detalle e unha análise das mesmas:Tríada de Micerinos, Alcalde do pobo, Mascara de Tutankamon, ocas de Meydum.

O Museo do Louvre tamén permite visulizar con máximo detalle o escriba sentado, no apartado Obras á Lupa.

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir