6 jul 2009

CIVILIZACIÓN E ARTE MICÉNICA

Datación: 1580-1100
As causas do seu final seguen a estar pouco claras (invasores, conflictos internos) pero con el abrense os denominados séculos oscuros que hai que por en relación coas invasións dos pobos do mar e a chegada dos dorios
Trazos: aqueos, estados independentes gobernados por un rei que dirixe tódalas actividades dende o alato da acróple; existencia de escravos; economía baada na agricultura; pouca activiade comercial; panteón con divinidades que pasarán á Grecia clásica, coma Poseidón ou Atenea, xunto ca pervivencia da Deusa Nai; inhumación en tumbas, sendo as máis importantes as reais (tholos de Agamenón)
Xacementos: os centros principais son Micenas, Tirinto, Pilos e Argos, entre outros (mapa).
Comezaron a ser descubertos a finais do século XIX por H. Schlieman, quen ó excavar en Micenas e Tirinto pensou ter encontrado cidades descritas por Homero na Iliada e na Odisea e incluso a máscara funeraria do propio Agameón ou o pazo de Néstor. Sen embargo si tivo éxito ó descubrir tempo despois o asentamento de Troia na colina de Hissarlik na actual Turquía (para ler máis). Arthur Evans excavará todo recinto de Cnosos na primeira metade do s. XIX.

Os centros de poder micénicos son opostos ós minoicos, están situados en lugares elevados e fortemente amurallados, acrópole. Herdeiros de certos trazos minoicos por exemplo na pintura mural, configuraron sen embargo unha arte propia e singular.
Estudiaremos:
* a arquitectura: acróple, pazo, tumbas
* artes decorativas




ARQUIVO

VÍDEOS







- Podes facer unha visita virtual a Micenas e ler un comentario do Tholos de Atreo


  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir