AS CULTURAS PREHELÉNICAS
ARQUIVO
CIVILIZACIÓN E ARTE MINOICA
Datación: 3000-1100 a.C., Idade de Bronce. Prehelenismo (antes da chegada dos indoeuropeos)
CIVILIZACIÓN E ARTE MINOICA
Datación: 3000-1100 a.C., Idade de Bronce. Prehelenismo (antes da chegada dos indoeuropeos)
Creta ocupa un lugar clave no Mediterráneo: pecha as rutas marítimas ó sur do Exeo e fai de ponte entre Grecia e Exipto. Esta situación, aberta a tódalas influencias, determina a súa fráxil historia que remata dun xeito pouco claro, posiblemente pola erupción do volcán de Thera. Posteriormente, xentes do Peloponeso ocuparon a illa.
Trazos: fragmentación en estados gobernados por un sistema de realeza e organizados ó redor de importantes estructuras pacegas; economía basada na agricultura, na gandeiría e no comercio marítimo; crenzas de tradición neolítica entre as que dominan o papel do touro (símbolo masculino) e da figura feminina (símbolo de fecundidade e da fertilidade da terra)
Xacementos: sendo moitos os restos arqueolóxicos que se descubreon en Creta (mapa), os máis importantes sen embargo son os de Cnossos e Faistos.

Foi no 1900 cando o arqueólogo inglés Arthur Evans, continuando outras campañas previas, sacou á luz os restos do palacio de Cnossos, identificandoo coas lendas gregas de Teseo e o Minotauro. Por ista razón, ademais de cultura cretense por mor da súa ubicación, recibe o nome de cultura minoica, na honra do seu lexendario rei Minos.
Periodización: distínguense catro fases
- Prepalacial
- Primeiros Palacios
- Segundos Palacios. Etapa de máximo desenvolvemento (2000-1700 a.C.)
- Pospalacial
Periodización: distínguense catro fases
- Prepalacial
- Primeiros Palacios
- Segundos Palacios. Etapa de máximo desenvolvemento (2000-1700 a.C.)
- Pospalacial
A aparición dos palacios demostra a existencia dun forte poder central, un rei, que fixo posible o desenvolvemento dunha arte orixinal, espontánea, colorista e, en certa medida, teatral.
Vamos a centrarnos en:* a estructura pacega
* a pintura mural
* a estatuaria
* a cerámica
Enlaces de interese: - Visita virtual a Cnosos
VÍDEOS
CIVILIZACIÓN E ARTE MICÉNICA
Datación: 1580-1100
As causas do seu final seguen a estar pouco claras (invasores, conflictos internos) pero con el abrense os denominados séculos oscuros que hai que por en relación coas invasións dos pobos do mar e a chegada dos dorios

Trazos: aqueos, estados independentes gobernados por un rei que dirixe tódalas actividades dende o alto da acróple; existencia de escravos; economía basada na agricultura; pouca actividade comercial; panteón con divinidades que pasarán á Grecia clásica, coma Poseidón ou Atenea, xunto coa pervivencia da Deusa Nai; inhumación en tumbas, sendo as máis importantes as reais (tholos de Agamenón)
Xacementos: os centros principais son Micenas, Tirinto, Pilos e Argos, entre outros (mapa).
Comezaron a ser descubertos a finais do século XIX por H. Schlieman, quen ó excavar en Micenas e Tirinto pensou ter encontrado cidades descritas por Homero na Iliada e na Odisea e incluso a máscara funeraria do propio Agameón ou o pazo de Néstor. Sen embargo si tivo éxito ó descubrir tempo despois o asentamento de Troia na colina de Hissarlik na actual Turquía (para ler máis). Arthur Evans excavará todo recinto de Cnosos na primeira metade do s. XIX.

Os centros de poder micénicos son opostos ós minoicos, están situados en lugares elevados e fortemente amurallados, acrópole. Herdeiros de certos trazos minoicos por exemplo na pintura mural, configuraron sen embargo unha arte propia e singular.
Estudiaremos:
* a arquitectura: acróple, pazo, tumbas
* artes decorativas
VÍDEOS
- Podes facer unha visita virtual a Micenas e ler un comentario do Tholos de Atreo
Estudiaremos:
* a arquitectura: acróple, pazo, tumbas
* artes decorativas
VÍDEOS
- Podes facer unha visita virtual a Micenas e ler un comentario do Tholos de Atreo